/gl/receitas/croissant.html

Idioma: EN ES GL

Croissants

Dous croissants

Ingredientes

Preparación

  1. Poñer tódolos ingredientes secos nunha cunca, facer un oco no centro, vertir o leite e mezclar ata conseguir unha masa suave. Engadir máis leite se é necesario.
  2. Amasar nunha superficie enfariñada de 5 a 10 minutos ata que estea elástica e deixar levedar nunha cunca engraxada e tapada ata que dobre o seu volume.
  3. Poñer a manteiga sobre un papel de forno e, ben dobrando este ben poñendo un por encima, aplastala ata que teña un grosor aproximado de medio centímetro e unha forma rectangular tamaño folio. Meter na neveira para que enfríe.
  4. Unha vez dobrado o seu volume, sacar a masa, traballala sobre 1 minuto e extendela para que forme un rectángulo máis grande que o da manteiga.
  5. Sacar a manteiga, poñela sobre a masa e plegar a masa sobre ela.
  6. Aplanar a masa, xirar 90º, dobrala á metade e volver aplanar. Repetir este proceso varias veces ata que quede a manteiga ben integrada e a masa de menos dun dedo de grosor.
  7. Cortar triángulos na masa (preferiblemente con dous dos lados iguais) e facer un corte en perpendicular no lado pequeno. Separar un pouco as dúas partes e enroscar. Repetir este proceso ata que non quede masa.
  8. Pintar os croissants co ovo e deixalos repousar ata que dobren o seu volume.
  9. Meter entre 15 e 20 minutos os croissants no forno a 200ºC.
  10. Retirar cando estean ben dourados.

Tips